O Grove é coñecido por moitos motivos; o seu espectacular enclave, por ser o Paraíso do Marisco, pola gastronomía, as súas praias, a Illa da Toxa… Pero poucos saben da riqueza micolóxica desta pequena península.

Con apenas 22km2 de superficie, e tanto pola súa situación, clima e pola diversidade vexetal do enclave, xa se levan identificadas mais de 1.750 especies micolóxicas e descubertas 5 novas especies para a ciencia.

Para mostrar, e disfrutar da riqueza micolóxica de O Grove, celebramos un evento especialmente dedicado ás setas, do 27 de novembro ó 8 de decembro.

Temos a parte gastronómica, que é un concurso de tapas con setas, SETAPAS, en bares de O Grove.

Por outro lado, organizamos variadas e participativas actividades micolóxicas, dentro do programa MICOGROVE. E tamén habrá orixinais concursos, xogos e regalos.

MICOGROVE 2026

Dende unha charla de iniciación, a unha saída ó monte para identificar e recoller cogomelos, ata un Obradoiro olfativo e sensitivo, pasando por degustacións e maridaxes.

Micogrove ofrece gratuitamente, previa inscripción na web, diferentes opcións para adentrarse no interesante mundo da micoloxía.

PROGRAMA III MICOGROVE

En breve publicaremos as datas e os horarios das actividades e abriremos inscripcións para os interesados.

Estas son as actividades que temos programadas do 28 de novembro ao 8 de decembro.

1. “SETAPAS”, CONCURSO DE TAPAS CON COGOMELOS.
Os 8 locais participantes prepararán receitas especiais con diferentes tipos de cogomelos e ofrecerán 1 tapa cada un, ao prezo unificado de 3€. Goza as tapas, puntúa e gaña premios.

2. OBRADOIRO OLFACTIVO E SENSORIAL. (Sábado 29. 17h a 19h)
Impartido por María Cabaleiro e Hugo Fernández de Mycogalicia Plantae, en colaboración con MicoUvigo (Laboratorio de Micoloxía da Universidade de Vigo)

“O obradoiro consiste nunha pequena introdución teórica ao uso dos sentidos á hora de identificar os cogomelos. A partir de aí, nos centramos no olfacto como sentido que menos tendemos a ter entreado. Tras isto ven parte práctica na que os participantes tentarán descubrir polo olfacto o contido dunha serie de botes con aceites esenciais e condimentos de cociña, para contrastar como percibimos os olores en función da forma na que se nos presenten. En outono, se cadra ademais, bo momento de aparición de especies de cogomelos con cheiros peculiares, compleméntase cunha parte na que se analizan os seus olores.”

Inscribirse

3. OBRADOIRO INFANTIL DE COCIÑA. (Domingo 30. 17h a 19h. - Cafetería Torrada)
Na cafetería Torrada, os máis pequenos poderán aprender a preparar divertidas e deliciosas receitas con cogomelos, que logo merendarán. Idade mínima 8 años.

Inscribirse

4. CHARLA INICIO RECOLECCIÓN. (Venres 5. 19:30h a 20:30h aprox. - Pub Orballo)
Saúl De la Peña Lastra, experto micólogo daranos as primeiras nocións para recolectar cogomelos.

SAÚL DE LA PEÑA LASTRA
Doutor en Medio Ambiente e Recursos Naturais e, actualmente, está desenvolvendo o seu segundo doutorado en Biodiversidade e Conservación do Medio Ambiente cuxo título é “Continente vs Islas: Conexiones Fúngicas entre Laurisilvas Atlánticas”.
Ademais, é Enxeñeiro Técnico Forestal e Enxeñeiro de Montes e ten un Máster en Medio Ambiente e Recursos Naturais (Premio extraordinario). Tamén é Técnico Superior en Saúde Ambiental e Técnico Superior en Xestión e Organización dos Recursos Naturais e Paisaxísticos. Ademais, posúe máis de 2000h de formación complementaria. Está habilitado pola ANECA como Profesor Titular da Universidade.
Traballou, grazas a una beca FPU, como persoal docente e investigador no Departamento de Edafoloxía e Química Agrícola da Universidade de Santiago de Compostela, así como no Departamento de Enxeñería Agronómica e Forestal da Universidade de Extremadura e no Departamento de Botánica da Universidade de Valladolid. Tamén traballou en distintos concellos como Enxeñeiro de Montes. Realizou estancias de investigación en Francia e Portugal e estancias docentes en China.
As súas liñas de investigación comprenden a micoloxía, produción vexetal, ciencias do solo, biodiversidade, botánica, cambio climático e aves mariñas.
É autor de máis de 60 conferencias e de máis de 70 publicacións científicas e informativas, incluídas en revistas de alto impacto (Nature Communication, Geoderma, Science of Total Environment, Persoonia).
Foi descubridor de varios xéneros, especies e formas novas de fungos para a ciencia, así como dun híbrido de orquídea entre dous xéneros distintos, novo para a ciencia.
É autor dos libros “Guía Micológica de la Isla de Cortegada” e “Iniciación á micoloxía e principais especies comercializables de Galicia”.
Grazas a que comezou da man do seu pai no mundo micolóxico, posúe máis de 30 anos de experiencia no estudio da biodiversidade, especialmente de plantas e fungos.
Ademais, é fotógrafo de biodiversidade e divulgador medioambiental.

Inscribirse

5. SAÍDA E BUSCA NO MONTE (Sábado 6. 9:30h a 12:30h aprox.)
Organizaremos unha saída ao monte para poñer en práctica a información do micólogo Saúl De La Peña Lastra na charla e percorrer os montes do Grove coa súa axuda.

6. EXPOSICIÓN MICOLÓXICA (Sábado 6. 17h a 21h. - Pub Orballo)
Teremos un espazo de exposición, onde ademais de poder ver os cogomelos recollidos na saída programada, haberá curiosos produtos micolóxicos, onde se verán os diferentes usos e propiedades dos cogomelos, desde cogomelos frescos, en conserva, patés, kits de autocultivo, ata licor de boletos ou tratamentos de cosmética.

Inscribirse

7. DEGUSTACIÓNS DE COGOMELOS (Domingo 7. 17:30h. - Pub Orballo)
Da man de expertos cociñeiros, coñeceremos outros tipos de cogomelos e novas opcións de preparación nos showcookings, que por suposto logo probaremos.

Inscribirse

8. CONCURSO FOTOGRAFÍA
Teremos un concurso de fotografía micolóxica, as 3 mellores fotos de cogomelos terán premio.

VER bases do concurso

VER premios do concurso

VER FOTOS 2025

9. BUSCA DO TESOURO
Seguimos polo monte, pero agora non imos buscar cogomelos para comer, propoñémosvos un xogo onde os mellores rastreadores terán premio.
Hai 8 cogomelos especiais escondidos polos montes mecos, cada un cun suculento premio para quen as atope.

VER premios do concurso

Estas son as actividades micolóxicas que temos programadas do 5 ao 9 de dicembro.

1. PRATOS CON COGOMELOS
5 Restaurantes prepararán receitas especiais con cogomelos e ofrecerán 2 pratos cada un, onde ao menos nun deles irán combinadas con peixe ou marisco.

2. EXPOSICIÓN MICOLÓXICA (Sábado 7 e domingo 8, de 17h a 21h, Miradoiro do mercado)
Haberá un pequeno espazo de exposición de produtos micolóxicos, onde poderemos ver os diferentes usos e propiedades dos cogomelos, dende cogomelos frescos, en conserva, patés, kits de autocultivo, ata licor de boletus ou tratamentos de cosmética.

Cos integrantes da Asoc. Cantarella de Vilagarcía:

  • Carlos Álvarez Puga, Presidente
  • Joaquín Rodríguez Portas, Vicepresidente
  • Ramon Carlos Encisa Fraga, Experto micólogo de campo

3. CHARLA INICIO RECOLECCIÓN (Venres 6, 18:30h, Miradoiro do mercado)
Co experto en cogomelos, Miguel Angel Lameiro Rios, da Asoc. Brincabois de Pontevedra, que nos dará as primeiras nocións para recolectar cogomelos. Inscribirse

4. SALIDA AO MONTE (Sábado 7, 10h)
Organizaremos unha saída ao monte para poñer en práctica a información do micólogo na charla e percorrer os montes do Grove co experto en cogomelos, Miguel Angel Lameiro Rios, da Asoc. Brincabois de Pontevedra. Inscribirse

5. IDENTIFICACIÓN DE COGOMELOS (Sábado 7 a las 12:30h)
Despois de recollelas polo monte, identificaremos os cogomelos no Mirador del mercado. Con el experto en cogomelos, Miguel Angel Lameiro Rios, da Asoc. Brincabois de Pontevedra

6. DEGUSTACIONES DE COGOMELOS (Sábado 7 e domingo 8, ás 19h, Miradoiro do mercado)
Da man de expertos cociñeiros, coñeceremos outros tipos de cogomelos e novs opcións de preparación nos showcookings, que por suposto logo probaremos. Inscribirse

SHOWCOOKING SÁBADO
Adrián Piñeiro
Marcos Otero
SHOWCOOKING DOMINGO
Javi Villa
Fanny Ferreirós

7. CONCURSO FOTOGRAFÍA
Teremos un concurso de fotografía micolóxica, eso sí, teñen que ser fotos de cogomelos no Grove. ver más

8. BÚSQUEDA DEL TESOURO
Seguimos polo monte, pero agora non imos buscar cogomelos para comer, proponemos un xogo onde los mellores rastreadores terán premio. ver más

9. RECOLECTORES DE COGOMELOS
Tamén haberá premios para os que engadan especies a nosa exposición. ver más

CONCURSOS

SORTEO NA FERIA XANTAR

Sorteo estancia fin de semana 2pax. no Grove, Hotel 3 estrelas superior

Entre os formularios cubertos na feira Xantar, Ourense.

Ademáis de comer e aprender, tamén se pode participar nos concursos que temos preparados, un concurso de fotografía micolóxica e a busca do tesouro.

FOTOGRAFÍA DE COGOMELOS NO GROVE

Si vos gusta fotografiar os cogomelos, nos gustaría que nos enviasedes fotos para mostrar a espectacularidade de formas, tamaños e cores dos exemplares que se poden atopar polos nosos montes.

Un xurado elexirá as 3 mellores, que serán premiadas.

As fotografías deben ser enviadas ao correo admin@micogrove.com

VER FOTOS 2025

Próximamente...

VER bases do concurso

150€ en metálico
 
Cena degustación (2 pax.)
 
Cena degustación (2 pax.)
 

Ver bases del concurso

Inscribirse

Lote Marisco (150€) A elegir entre sus productos
 PATRICIA B
Cena degustación (2 pax.)
 MARTA GÓMEZ JIMÉNEZ
Cena degustación (2 pax.)
 ALBERTO FILGUEIRA CASTIÑEIRA
Cena degustación (2 pax.)
 PICAR PICOU
Cena degustación (2 pax.)
 JOSE IGNACIO

BUSCA DO TESOURO

Dende o 27 de novembro ata o 8 de decembro, nos montes de O Grove ademáis de cogomelos, tamén se poden atopar outras sorpresas agradables, xa que esconderemos “bonos regalo” para os que proben as Setapas.

Cando votes en algún dos bares participantes, xa podes empezar a rastrear nas zonas de búsqueda que indicaremos na web, e si tes sorte e atopas algún bono, poderás canxealo polo teu regalo.

Próximamente...

ZONAS BUSCA DO TESOURO

Inscribirse en la búsqueda

ZONAS BÚSQUEDA DEL TESORO

Cenas degustación (2 pax.)
Samuel PG
Cenas degustación (2 pax.)
Diego Fernández
karts - 5 tickets infantil
Matias Fernández

RECOLECTORES DE COGOMELOS

Teremos unha exposición de cogomelos no miradoiro do Mercado, queremos ampliala con máis especies, así que sortearemos 4 cenas degustación para 2 persoas en Restaurantes do Grove entre os que aportedes bos exemplares de especies que non teñamos.

PARTICIPANTES SETAPAS

Do 27 de novembro ó 8 de decembro, 8 bares de O Grove prepararán receitas nada habituais nos seus menús, xa que ofrecerán as “Setapas”, tapas con setas, elaboradas especialmente para o concurso, no que o público que as probe, elexirá o gañador a través dos seus votos.

Cerrado: luns.
A partir das 19h. Non cerra. Necesario DNI para entrar, maiores 18 años.
Cerrado: martes.
Cerrado: Martes, Mércores e Xoves ao mediodía.
Non cerra
Cerrado: xoves.
Cerrado: luns.
Cerrado: luns e martes.
SUXERENCIAS EXTRA

O GROVE

Situado ao oeste da comarca do Salnés (Pontevedra), este municipio de apenas 10.800 habitantes está bañado pola Ría de Arousa, unha das máis coñecidas e importantes en todo o territorio galego. Sen dúbida, este feito marca a identidade mariñeira do noso pobo, sendo a pesca e o turismo os dous principais motores económicos do lugar. O Grove conta con apenas 22 kilómetros cadrados de superficie, e consta de dúas parroquias: San Martiño e San Vicente. Na primeira está localizada a maior parte da poboación, ao noreste da península, e a segunda correspóndese coa parte máis rural, onde están ubicadas as dúas rutas de sendeirismo homologadas: Con Negro e Adro Vello. Un dos puntos máis reseñables a visitar en San Vicente, é o paseo de Pedras Negras, senda de madeira de 1,8 kilómetros de lonxitude a pé de mar, e que integra na súa paisaxe rocas, area e bosque.

A localidade conta con infinidad de recursos turísticos, ofrecendo un amplio abanico de posibilidades aos nosos visitantes. De este xeito, poderemos gozar de praias de area branca e fina, paseos marítimos, rutas de sendeirismo en plena natureza, coñecer as bateas ou visitar a súa lonxa de peixe e marisco. En Punta Moreiras, está ubicado o Acuario do Grove e as Salgadeiras de Moreiras, un espazo museístico acerca da antiga industria da salgazón e cun apartado para as artes de pesca tradicionais.

Mención aparte merece a nosa gastronomía, onde o marisco é o principal protagonista (ainda que non o único). O Grove é coñecido como “paraíso do marisco”, proba diso, é a celebración nas dúas primeiras semanas de outubro da “Festa do Marisco”, un evento ao que anualmente acoden miles de persoas e que foi declarada Festa de Interés Turístico Nacional. Ademais, levouse a cabo una apuota pola música en directo, abarcando dende o baile e o canto tradicional, ata concertos de artistas de escena nacional e internacional.

Por suposto, tamén contamos cunha gran cantidade de restaurantes que son todo un referente á hora de preparar o produto, e aos que poderemos ir ao longo de todo o ano.

En conclusión, O Grove ofrece aos seus visitantes paraxes naturais dunha beleza incomparable, cultura mariñeira, lendas, festas e gastronomía.

Descubre máis en Visitogrove.com